Lapiseiro, polo Monitorado do Salón Virtual

Boas, familias! Se xa vos animastes a facer a libreta, facerdes este lapiseiso vai ser moi doado. Estamos xa en nivel súper PRO. Que será o próximo? Construírmos un dron? Unha nave espacial? Encaixe de Camariñas? 😀

Ovo Saltarico en Experimentos no Salón, polo Monitorado do Salón Virtual

Boas, familias. A que nestas semanas pasamos moito máis tempo na cociña que antes? Pois ademais de para comer e cociñar, tamén podemos aproveitar para facermos experimentos científicos, coma o do “Ovo Saltarico” que hoxe nos propón a nosa equipa de Monitorado do Salón Virtual. Vistes algunha vez un ovo chimpar (sen que rompa, claro)? Non? Pois… xa sabedes! 🥚🍳

#NonCancelamos
#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual

 

Pímbola, polo Monitorado do Salón Virtual

Despois de facermos un Minigolf, estamos preparad@s para case calquera cousa! Por iso hoxe propoñémosvos un reto nivel PRO: facer unha máquina de “Pinball” ou unha Pímbola, vaia. Que non sabedes o que é? Seguro? Pois o que perdedes! Pero iso ten fácil solución, verdes este vídeo e poñervos ao choio! Agora, botamos unhas partidas?

 

Minigolf, polo Monitorado do Salón Virtual

Agora que xa podemos saír un pouquiño de casa, temos que prepararnos e adestrar a fondo, non nos vaiamos lesionar! Propoñémosvos, para o tempo que pasemos na casa, facerdes un minigolf. A ver como tedes o “swing” …

#NonCancelamos
#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual

 

Tinta Invisible: Experimentos no Salón, polo Monitorado do Salón Virtual

Xa estabades a botar de menos os experiementos do Salón, a que si? Pois precisamente por iso hoxe decidimos emitir un novo capítulo de experimentos, desta vez para que poidades escribir mensaxes secretas con tinta invisible. Que como se fai? Moi fácil, só tedes que ver o vídeo e, como científic@s que sodes, experimentardes vós tamén!
#NonCancelamos
#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa

 

A Pallasa xusticeira, polo Monitorado do Salón Virtual

A nosa equipa de monitorado está coa creatividade ao 2000%, mirade que conto máis orixinal fixeron cos seus nomes… animádesvos a inventardes vós unha historia deste modo? Veña, que imaxinación sabemos que nos vos falta!

#NonCancelamos
#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa

ousas de libros, polo Monitorado do Salón Virtual

Seguimos celebrando o día do Libro! Que xa pasou? Tanto nos ten, para nós os libros son unha festa cada día, e se non que llo digan á nosa equipa de monitores e monitoras, mirade que cousas fan con libros na casa . Se vos presta, mandádenos fotos do que vós facedes cos libros na casa (tamén vale ler!).

#NonCancelamos
#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa

 

Fiestras ao mundo, polo Monitorado do Salón Virtual

Aínda que agora podemos salir un cachiño cada día, seguimos a ver o mundo desde as nosas fiestras. É sempre igual o que vemos? O podemos enxergar cada día cousas distintas? O que vemos depende só da paisaxe? Sabedes que hai fiestras que nos ofrecen cada día unha nova paisaxe? Non? Pois ollade este vídeo…
#NonCancelamos
#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa

Dona Paca Pataca, polo Monitorado do Salón Virtual

Seguro que neste tempo de estarmos na casa tivemos tempo de ordenar a nosa roupa, a que si? E a que tamén apareceron calcetíns vellos, gastados, furados ou desparellados? Se non atopamos ningún, na lavadora debe haber polo menos un par de ducias, falade con ela e que vos deixe algún dos que, por arte de maxia, fixo desaparecer, que estas lavadoras sonche moi cucas… Pois temos unha idea fantástica para darlle unha segunda vida a estes calcetíns. Tedes curiosidade? Pois mirade o vídeo da nosa Paca Pataca, a ver se vos inspira. E, de paso, dicir o nome de Paca Pataca seguido, moi rápido, sen ensarillar a lingua… A que custa? A que mola?

 

Conto de animais, polo Monitorado do Salón Virtual

Bo domingo, familias! Que, xa gozastes do voso paseo de hoxe? Como foi a experiencia? Seguro que de marabilla! E para a acabar ben a semana, deixámosvos cun conto moi especial, creado pola nosa equipa de “monis”, un conto de creación propia que seguro vos fará agromar un sorriso…ou dous! Vai una semana máis… e outra menos!
#NonCancelamos
#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa