CENTROS VISITANTES (NON COLABORADORES)

Os centros que non sodes colaboradores habituais tamén podedes achegarvos ao Salón, visitar a ambientación e as nosas expos, gozar dos libros da biblioteca e participar de diversas actividades que temos preparadas para vós.

Velaquí tedes a proposta de participación segundo os niveis educativos. Bulide que a cabida é limitada!

CENTROS COLABORADORES

Desde os inicios do Salón, van alá máis de dúas décadas, a relación e colaboración cos centros de ensino foi o eixo principal do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Quer de Pontevedra, quer dos arredores ou ben desde a outra punta do país, son máis de 15.000 escolares os que gozan cada ano as propostas deste evento.

A colaboración dase en dúas modalidades, a de CENTRO COLABORADOR, cunha implicación activa de alumnado e profesorado durante o curso, co compromiso de traballar na aula o tema e a bibliografía do Salón, tamén coa elaboración dun traballo conxunto que sempre é exposto no Pazo de Cultura. Os centros colaboradores teñen acceso a actividades específicamente deseñadas para eles.

A outra modalidade de participación é como CENTRO VISITANTE, aquel que decide, de modo puntual facernos unha visita durante a celebración do mesmo.

Na actualidade, os CENTROS COLABORADORES tedes xa a información de como participardes este ano, como comentamos na reunión celebrada en Pontevedra e tamén coa información que se vos achegou por email. Tamén a tedes aquí para descargar, así como a ficha de participación.

Lembrazos datas importantes a terdes en conta para CENTROS COLABORADORES

CALENDARIO DE PRAZOS

1. Datos básicos de inscrición antes do 15 de novembro: datos do centro, curso e número de alumnos/as por curso participante e datas nas que non poderíades asistir.

2. Datos completos de inscrición antes do 20 de decembro: Engadir á mesma folla de inscrición inicial datos sobre o formato do traballo, título descritivo do mesmo e bibliografía empregada, No caso de que sinaledes algunha modificación no grupo de nenos/as que ían participar inicialmente, deberedes facelo neste momento e contactar telefónicamente para asegurarvos de que temos en conta a mesma.

3. Data límite para entregar os traballos 28 de febreiro.

4. Recollida dos traballos unha vez rematado o Salón, ata o 27 de abril. Pasada esta data, desfarémonos deles ante a imposibilidade de almacenalos.

Calquera dúbida que teñades, estamos ao voso dispor!

Pulsa aquí para añadir un texto