Diálogos creativos arredor da Banda Deseñada
Miguelanxo Prado e Pablo Prado. No Salón quixemos propiciar a conversa arredor da creación, literaria e plástica, encontros de creadores consolidados e novos talentos que empezan a súa traxectoria. No mundo da BD, ninguén mellor que Miguelanxo Prado para aportar unha experiencia de case catro décadas de creación no mundo do cómic. Dialogou con Pablo Prado, unha das novas figuras da BD galega con proxectos coma a novela gráfica “O derradeiro libro de Emma Olsen” ou “Os berros da motocicleta”. O noso autor homenaxeado, Kiko Dasilva, actuou de moderador.