marzo, 2020
22mar12:3013:30A alfombra máxica
Detalles do Evento
BABALUVA TEATRO monta no Salón un lugar de libre experimentación, unha alfombra táctil, sonora e olfactiva onde a artista MIRARI URRUZOLA
Máis
Detalles do Evento
BABALUVA TEATRO monta no Salón un lugar de libre experimentación, unha alfombra táctil, sonora e olfactiva onde a artista MIRARI URRUZOLA convida á cativada a mergullarse nunha viaxe sensorial. Xuntos descobren o pracer de apalpar, manipular, escoitar, ver, saborear… Unha invitación a xogar e experimentar con todo o corpo. Monicreques, música e outras sorpresas viaxarán cos máis pequenos/as e cos seus acompañantes adultos por un mundo de emocións e sensacións.
Espectáculo para crianzas de 0 a 3 anos. Dúas sesións: ás 12.30 e ás 17.30 horas. Cabida limitada. Prezo da entrada: 3 € /asistente
Hora
(Domingo) 12:30 - 13:30
Localización
Pazo da Cultura
Alexandre Bóveda s/n - 36005