A arte de cociñar

12mar17:15A arte de cociñarImos de pintxos!: bocadiños de champiñóns e ovo de paspallás.

Detalles do Evento

Obradoiro de cociña con Reviravolta.

Pequenos, saborosos e moi nutritivos! Así son os ovos de paspallás. Engadir ovos de paspallás aos nosos pratos pode facelos máis sofisticados e orixinais na súa presentación. Animádesvos con esta atractiva creación culinaria? Ademais acompañaremos este delicioso pintxo dun conto escollido para a ocasión. Non o podedes perder!

De 4 a 10 anos

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

Os obradoiros teñen un aforo limitado. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Lembra que os/as menores que accedan a calquera das actividades do Salón deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir, escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

Reserva de entrada

Reviravolta Obradoiro de cociña

As entradas xa non están á venda para este evento!