A arte de cociñar

13mar17:15A arte de cociñarÁ rica sobremesa!: macarróns de Bilbao.

Detalles do Evento

Obradoiro de cociña con Reviravolta.

A receita dos macarróns de Bilbao chama a atención, pero ollo, que estes non son o típico macarrón francés ou italiano, senón un pastel completamente diferente no seu método de preparación e na súa presentación. Así que non perdades máis tempo e aprendede a preparar estes deliciosos doces! Mentres compartiremos un conto co que gozar da xornada. A que pinta ben esta merenda?!

De 4 a 10 anos

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

Os obradoiros teñen un aforo limitado. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Lembra que os/as menores que accedan a calquera das actividades do Salón deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir, escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

Reserva de entrada

Reviravolta Obradoiro de cociña

As entradas xa non están á venda para este evento!