A arte de cociñar

27mar17:15A arte de cociñarÁ rica sobremesa e con moita arte! Donuts de cores.

Detalles do Evento

Obradoiro de cociña con Reviravolta.

Información sobre as entradas:
As entradas a través da web están esgotadas. O día da actividade, de xeito presencial, teremos dispoñibles un cupo reducido de entradas.

Moitos son os elementos que teñen importancia na arte plástica, un deles é a cor, que ademais imprime de significado as obras de arte. Pola súa banda, os donuts son un dos bolos máis famosos do mundo. Que vos parece combinalos? Sen dúbida crearemos unha obra de arte súper vistosa e o mellor do mundo, é comestible! E se contamos un conto mentres os merendamos? Que boa idea!

De 4 a 10 anos

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

Os obradoiros teñen un aforo limitado. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Lembra que os/as menores que accedan a calquera das actividades do Salón deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir, escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

Reserva de entrada

Reviravolta Obradoiro de cociña

As entradas xa non están á venda para este evento!