A arte de cociñar

24mar17:15A arte de cociñarCon moita arte! Pan Gogh

Detalles do Evento

Obradoiro de cociña con Reviravolta.

Información sobre as entradas:
As entradas a través da web están esgotadas. O día da actividade, de xeito presencial, teremos dispoñibles un cupo reducido de entradas.

Este pan, como o seu propio nome indica, está inspirado nalgunhas das obras de arte de Van Gogh, principalmente naquelas nas que o tema pictórico elixido foron as flores. O noso pan convértese nun lenzo comestible no que dar renda solta á nosa imaxinación. Non hai regras, só arte. Estades listxs para elaborar e gozar da beleza destes coloridos pans? E para acompañar o cociñado, nada mellor que contar unha historia. Ao choio!

De 4 a 10 anos

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

Os obradoiros teñen un aforo limitado. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Lembra que os/as menores que accedan a calquera das actividades do Salón deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir, escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

Reserva de entrada

Reviravolta Obradoiro de cociña

As entradas xa non están á venda para este evento!