AS TAREIXAS son un grupo de música familiar infantil que botou a andar en decembro de 2023. Fíxoo tras a operación de cadeira da avoa, cuxo relato foi tan intenso que acabou sendo unha canción (composta polo pai músico, José Manuel) e que interpretan Román (11) e Omara (8), cantando e tocando o clarinete e a trompeta. O éxito entre os familiares e amigos foi tanto que se presentaron ao Concurso “Quero Cantar “ da Deputación da Coruña onde gañaron o segundo premio na modalidade de canción infantil. Logo dunha xira de verán, e das constantes manifestacións de entusiasmo por parte do público, tanto infantil como xuvenil e adulto, As Tareixas metéronse no estudio a gravar o que será o seu primeiro disco, que esperan poder presentar na primavera 2025.
Teremos un adianto no Salón do Libro!
Público familiar
Acceso libre ata completar cabida