O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

A cidade como taboleiro de xogo

29abr11:30A cidade como taboleiro de xogoRoteiro pola cidade con Taller Abierto

Detalles do Evento

As amigas de Taller Abierto propoñen un divertido roteiro para descubrir a cidade como se dun xogo se tratase.

O xogo é unha actividade consustancial á cultura humana e fundamental no desenvolvemento das persoas. Pode presentarse delimitado por regras, cando é estruturado, ou é libre, pero sempre aparece contextualizado nun espazo concreto. Neste sentido, a cidade pode ser un territorio lúdico onde xogar e desenvolver a imaxinación e a creatividade empregando prazas, rúas e espazos verdes para brincar.
Proponse un obradoiro onde percorrer a nosa vila e mirar os espazos con ollos “lúdicos” aproveitando os elementos que o conforman como pezas de xogo para implementar propostas onde a acción (agatuñar, correr, debuxar, observar, recoller, apilar, etc) é inspirada polo lugar onde se desenvolve. Trátase de fomentar o uso e condición da rúa como territorio para a o xogo e a creación da cativada poñendo en valor o patrimonio e o entorno próximo.

De 6 a 10 anos. Debes inscribirte previamente indicando o nome da actividade, a túa idade e nome completo así como o contacto dunha persoa adulta en: contacto@tallerabierto.info

Máis

Hora

(Sábado) 11:30