A historia de Lumecú
22mar12:00A historia de LumecúContos e música para bebés con Marcelo Dobode e Beatriz Martínez
Detalles do Evento
Première! Lumecú descobre que pode crear imaxes e mundos incribles, grazas a imaxinación e o xogo.Marcelo Dobode e Beatriz Martínez (Percubebés)
Detalles do Evento
Première!
Lumecú descobre que pode crear imaxes e mundos incribles, grazas a imaxinación e o xogo.
Marcelo Dobode e Beatriz Martínez (Percubebés) volven traer unha historia extraordinaria, chea de música, cantares e … moita luz.
De 0 a 3 anos
OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!
Prezo da entrada: 3 €. Podes reservala de maneira anticipada e pagala o día da función. Cada persoa necesita ter a súa entrada, independentemente da súa idade. Cada bebé deberá ir acompañado dunha soa (1) persoa adulta
Para facer efectiva a reserva de entrada con custe (3€) é preciso efectuar o pagamento na billeteira situada no acceso da actividade (A Cova dos Libros Fantásticos, Pazo da Cultura de Pontevedra). A billeteira estará aberta o mesmo día do espectáculo desde 30 minutos antes da función.
ATENCIÓN: as entradas quedarán liberadas 5 minutos antes do inicio do espectáculo se non foron recollidas antes desa hora. Grazas!
O día da actividade haberá prazas presenciais dispoñibles no espazo onde se desenvolva. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. As persoas que non xustifiquen ou avisen da súa ausencia deberán agardar unha semana para volver reservar nas actividades do Salón. Moitas grazas!
Hora
Localización
Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra
Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra