A hora do conto. Museo de pegadas
03mar11:30A hora do conto. Museo de pegadasSesión de contos con Pavís Pavós
Detalles do Evento
A partir de 5 anosReserva a túa praza! OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!O día da actividade haberá prazas
Detalles do Evento
A partir de 5 anos
Reserva a túa praza!
OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!
O día da actividade haberá prazas físicas dispoñibles no espazo onde se desenvolva. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. Moitas grazas!
Non hai dúas iguais, as mesmas cousas poden deixar pegadas diferentes.
Narraremos contos nos que o sentir emocional e o tacto son o tema principal e, igual que un conto, quedan para sempre nun recuncho da nosa memoria. Tamén hai obxectos que por pequenos que sexan poden sorprendernos coa pegada que deixan.
Calquera cousa sobre a palma da nosa man verémola completamente diferente se a calcamos sobre unha base de arxila. O que queremos é que os participantes o experimenten facendo cadanseu museo de pegadas.
Máis
Hora
3 marzo, 2024 11:30(GMT+01:00)
Localización
Espazo Arkandemia
Lembra!
As actividades teñen unha capacidade limitada. Isto permitirá, con certeza, unha experiencia única. Sede puntuais, por favor, porque as prazas vanse reservar ata a hora de comezo da actividade. De non cubrirse nese momento, quedarán liberadas para as persoas en listaxe de agarda