A lanterna máxica: Frederik
06abr12:30A lanterna máxica: FrederikContos e música para bebés con Violetta Della Rocca e Se Rial
Detalles do Evento
Première!O inverno vaise achegando e unha alegre familia de ratiños de campo preparase para almacenar castañas, trigo e millo. Todos traballan día e noite, noite e día,
Detalles do Evento
Première!
O inverno vaise achegando e unha alegre familia de ratiños de campo preparase para almacenar castañas, trigo e millo. Todos traballan día e noite, noite e día, todos menos Frederik…
FREDERIK é a libre adaptación do conto homónimo de Leo Leonni, un espectáculo de contos que mestura o teatro de sombras coa música, pensado para os máis pequenos pero que pode chegar aos corazóns de todas as idades
De 1 a 4 anos
OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!
Cada persoa necesita ter a súa praza, independentemente da súa idade. Cada bebé deberá ir acompañado dunha soa (1) persoa adulta
Prezo da entrada: 3 €. Podes reservala de maneira anticipada e pagala o día da función. Cada persoa necesita ter a súa entrada, independentemente da súa idade.
Para facer efectiva a reserva de entrada con custe (3€) é preciso efectuar o pagamento na billeteira situada no acceso da actividade (A Cova dos Libros Fantásticos, Pazo da Cultura de Pontevedra). A billeteira estará aberta o mesmo día do espectáculo desde 30 minutos antes da función.
ATENCIÓN: as entradas quedarán liberadas 5 minutos antes do inicio do espectáculo se non foron recollidas antes desa hora. Grazas!
O día da actividade haberá prazas presenciais dispoñibles no espazo onde se desenvolva. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. As persoas que non xustifiquen ou avisen da súa ausencia deberán agardar unha semana para volver reservar nas actividades do Salón. Moitas grazas!
Máis
Hora
6 abril, 2025 12:30(GMT+02:00)