maio, 2021

07mai17:3023:50Evento rematadoA nosa pegada é verdeObradoiro creativo para bebés. Sheila López

Detalles do Evento

Información sobre as entradas:
Para esta actividade a entrada é DOBRE e vale para un bebé acompañado por unha persoa adulta

Queremos un mundo máis limpo, máis ecolóxico, máis verde, con máis prantas e menos residuos, un mundo que nos dure para poder seguir xogando nel. 

As matrices coas que comporemos a nosa imaxe son diferentes prantas, e xogando coa repetición e a composición faremos o noso propio xardín traballando a técnica da estampación.

Xogaremos con tintas de diferentes cores e o resultado alcanzarase a través da experimentación. O azar tamén supón unha ferramenta de composición libre, polo que  non é necesario que os bebés teñan desenvolvida a sicomotricidade autónoma. 

Os materiais empregados no obradoiro están traballados con materiais de refugallo e as pinturas utilizadas son ecolóxicas e aptas para bebés. 

De 0 a 3 anos

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. CADA PERSOA DEBE TER UN ASENTO PREASIGNADO, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

As actividades este ano teñen un aforo moi reducido polas restricións COVID-19. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Lembra que os/as menores deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com, indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

Reserva de entrada

A nosa pegada é verde Obradoiro creativo para bebés

As entradas xa non están á venda para este evento!

X
X