Logos O SALON - Concello de Pontevedra

A outra Francia, conversa arredor de Charlotte

26mar19:00A outra Francia, conversa arredor de CharlotteFaladoiro VIP

Detalles do Evento

Charlotte é unha emotiva historia de familia, convivencia e solidaridade. Un breve relato cheo de amor e sabiduría sobre a xustiza, o sentido da vida e a morte desde os ollos da infancia. Consuelo Vercher, a súa autora, achegarase ao Salón para falarnos da obra, dos seus referentes na escrita e na fonda pegada das lecturas na súa creación literaria.

Será nun faladoiro VIP aberto ao público adolescente e adulto. Acceso libre ata completar a cabida

Máis

Hora

26 marzo, 2025 19:00(GMT+00:00)

Localización

Sala VIP do Pazo da Cultura

Pazo da Cultura de Pontevedra, rúa Alexandre Bóveda s/n

Comparte este evento