maio, 2021

09mai12:0023:50A terra en nós: aceites esenciaisObradoiro de agricultura ecolóxica. PÚBLICO ADULTO.

Detalles do Evento

Faremos aceites esenciais macerando distintas prantas con aceite de oliva. As preparacións poderanse levar para a casa.

Para participar cómpre que te inscribas previamente. Envíanos o teu nome, apelidos e número de teléfono a: salondolibro@pontevedra.gal

Público adulto

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Evento no exterior
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

As actividades este ano teñen un aforo moi reducido polas restricións COVID-19. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Lembra que os/as menores deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com, indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

X
X