maio, 2021

02mai12:00A terra en nós: Plantas que curan o corpo e a almaObradoiro de agricultura ecolóxica. PÚBLICO ADULTO.

Detalles do Evento

A terra é a nosa amiga e tamén o noso sustento, cómpre que aprendamos a coidala e que entre todos e todas lle deamos moito amor. Neste obradoiro aprenderás a facer un horto en familia, para facelo veremos como é a terra, cales son as súas características e cal é a mellor para a noso horto. Ademais, prepararemos unha sementeira para que poidas levar á casa sementes e prantes o teu propio horto.

Para participar cómpre que te inscribas previamente. Envíanos o teu nome, apelidos e número de teléfono a: salondolibro@pontevedra.gal

Público adulto

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

As actividades este ano teñen un aforo moi reducido polas restricións COVID-19. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Lembra que os/as menores deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com, indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

X
X