O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

A vida secreta dos libros

22abr12:00A vida secreta dos librosObradoiro para bebés con Arkhé Espazo Educativo

Detalles do Evento

De 1 a 4 anos + 1 persoa adulta acompañante
Duración aproximada: 50 min.
CADA PERSOA DEBE TER ENTRADA, INDEPENDENTEMENTE DA SÚA IDADE. CADA BEBÉ DEBE IR ACOMPAÑADO/A DUNHA (1) SOA PERSOA ADULTA ACOMPAÑANTE

OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!
O día da actividade haberá prazas físicas dispoñibles no espazo onde se desenvolva. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. Moitas grazas!


Cando pensamos nos libros como iniciadores de xogo adoitamos fixarnos no seu contido, na súa estética, nas súas ilustracións … todas elas, sen dúbida, fonte inesgotable de inspiración. Neste obradoiro propoñémos dárlle unha volta ao concepto de libro como motor de xogo. centrarémonos no libro como obxecto e nas súas catacterísticas e particularidades para crear un espazo de exploración e xogo inmersivo dándolle un novo uso e disfrute a un obxecto como o libro, imprescindible e cotiá.
A madeira e o metal aparecen como materiais complementarios para enriquecer a proposta e ofrecer o contraste imprescindible en calquera proceso de aprendizaxe.

Máis

Lembra!

Os obradoiros teñen unha capacidade limitada. Isto permitirá, con certeza, unha experiencia única. Sede puntuais, por favor, porque as prazas vanse reservar ata a hora de comezo da actividade. De non cubrirse nese momento, quedarán liberadas para as persoas en listaxe de agarda.

Reserva de entrada

A vida secreta dos libros

Obradoiro para bebés con Arkhé Espazo Educativo

As entradas xa non están á venda para este evento!