abril, 2021

25abr12:00Evento rematadoA voar!Contos e Música. Ce Orquestra Pantasma

Detalles do Evento

Música e historias, mellor combinación imposible e se é no espazo natural da Illa do Covo pois… mellor que mellor!
Neste espectáculo escoitaremos -grazas ao son do enerxético ritmo de Cé Orquestra Pantasma– as cancións e historias que narran a viaxe que emprende a pequena Xoana, unha travesía que vai mudar a súa vida.

O espectáculo está baseado no libro-disco dio mesmo nome: A Voar!, e ao , e pretende axudar aos nenos e ás nenas a reivindicar a confianza necesaria para satisfacer as súas necesidades de liberdade, movemento e xogo libre. Así pois, nenos e nenas…a voar!

Público familiar
(En caso de choiva a actividade trasládase ao Pazo da Cultura)

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Evento no exterior
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. Todas as persoas precisan dunha entrada, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

As actividades este ano teñen un aforo moi reducido polas restricións COVID-19. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com, indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

Reserva de entrada

A voar! Contos e música. Ce Orquestra Pantasma

As entradas xa non están á venda para este evento!

X
X