marzo, 2020
13mar18:0019:00A xogar, cantar e voar
Detalles do Evento
O home orquestra desembarca no Salón cunha proposta de animación musical que vai facer as delicias da cativada, con divertidas melodías e cantigas infantís para que participen xogando, cantando e
Máis
Detalles do Evento
O home orquestra desembarca no Salón cunha proposta de animación musical que vai facer as delicias da cativada, con divertidas melodías e cantigas infantís para que participen xogando, cantando e bailando todo o que lles pete…ata caer de cu! Baixo CÉ ORQUESTRA PANTASMA agóchase o vigués César Freiría, un músico autodidacta e apaixonado dos instrumentos e un proxecto musical, unipersoal e versátil. Máis que espectáculos, guía festas cheas de forza, ritmo e fantasía no que o público deixa de ser espectador e muda en protagonista.
A cita é para un público familiar é entrada é libre até completar cabida.
Hora
(Venres) 18:00 - 19:00
Localización
Recinto Feiral
Rúa Alexandre Bóveda, s/n