O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Abracadabra!

02mar17:15Abracadabra!Obradoiro de Ilustración a cargo de La Platanera

Detalles do Evento

Un triángulo e un cornete, o peteiro dun paxaro, un peixe… Imos crear personaxes fantásticas a través de formas simples e cores. Abriremos unha caixiña da cal cada participante tirará unha palabra que despois terá que ilustrar. As palabras coma pontes para acceder a outros mundos. Despois terán diferentes selos para xogar e compoñer. Desde o simple iremos creando figuras, caretas, personaxes que non son deste mundo. 

Cada neno e nena levará para casa a súa peza para o recordo

A partir de 7 anos

OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!

O día da actividade haberá prazas físicas dispoñibles no espazo onde se desenvolva. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. Moitas grazas!

Máis

Hora

2 marzo, 2024 17:15(GMT+01:00)

Localización

Espazo Arkandemia

Other Events

Lembra!

Os obradoiros teñen unha capacidade limitada. Isto permitirá, con certeza, unha experiencia única. Sede puntuais, por favor, porque as prazas vanse reservar ata a hora de comezo da actividade. De non cubrirse nese momento, quedarán liberadas para as persoas en listaxe de agarda

Comparte este evento

Reserva de entrada

Obradoiro Videoxogos clásicos en familia

MUVI

As entradas xa non están á venda para este evento!