abril, 2021

29abr18:00Evento rematadoAldara na montañaContacontos, con Soraya Lema

Detalles do Evento

Por mor do tempo trasládarase ao Pazo da Cultura

Información sobre as entradas: As reservas dos asentos fanse por bloques de 1, 2, 3 ou 4 persoas, tal e como están agrupados no plano. Se escolles un bloque de 4 butacas por exemplo, deberás incluír no proceso o nome das 4 persoas que ocuparán esas butacas pero só vas recibir un ÚNICO CÓDIGO QR no teu correo-e, válido para eses 4 asistentes. Todas as persoas que accedan precisan ter asento asignado, independentemente da súa idade.

Aldara é unha nena que inicia a súa primeira viaxe lonxe da casa cara á montaña dos Penedos de Pasarela e Traba. Aldara toca co acordeón o “Pasodobre de San Roque” e, a partir dese momento, establécese unha relación máxica entre ela e cada un dos penedos que descobre. Na súa travesía a bordo do Barco Miramar, comparte viaxe coa señora Lebre e o señor Pallaso, e coa axuda da Aguía consegue chegar ao fogar das estrelas.

Inspirada nos poemas de Pondal, Aldara na montaña constitúe unha historia de superación e de busca da identidade propia, ao tempo que pon en valor o noso patrimonio natural e cultural.

Público familiar
En caso de choiva trasládarase ao Pazo da Cultura

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Evento no exterior
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os lugares onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. CADA PERSOA DEBE TER UN ASENTO PREASIGNADO, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

As actividades este ano teñen un aforo moi reducido polas restricións COVID-19. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Lembra que os/as menores deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com, indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

Reserva de entrada

AS RESERVAS DOS ASENTOS SON POR BLOQUES de 1, 2, 3 ou 4 persoas, tal e como están agrupados no plano.

As entradas xa non están á venda para este evento!

X
X