Arte urbana

25mar17:30Arte urbanaRoteiro artístico pola cidade. Leucoíña Pasea

Detalles do Evento

Visitaremos cos nenos e as nenas varios murais artísticos da cidade, explicando o seu contido e a súa presenza na contorna.
Estes debuxos e murais reflicten desde a vida cotiá, a personaxes históricos, momentos da historia de Pontevedra, que tratan ademais de embelecer os espazos da nosa cidade, de concienciar, de ensinar/educar, etc.

Para inscribirte envíanos o teu nome e apelidos e un teléfono de contacto ao correo-e: paseapontevedra@gmail.com

Público familiar

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Evento no exterior
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Hora

(Venres) 17:30

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

As actividades teñen un aforo limitado. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Lembra que os/as menores que accedan a calquera dos eventos programados no Salón deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir, escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!