ARTEllando con videoxogos

12mar12:00ARTEllando con videoxogosObradoiro tecnolóxico

Detalles do Evento

Museo do videoxogo. MUVI

Trataremos de dar resposta á xa clásica pregunta que o medio leva facéndose desde hai décadas: son os videoxogos unha forma de expresión artística? Para averigualo exploraremos a relación entre as diferentes artes, ademais de revisar a súa presenza, tamén de xeito único e independente, agochada en diversos videoxogos. Videoxogos que, por outro lado, apareceron naqueles sistemas informáticos que foron quen de facelos posibles. Produtos industriais conformados por diferentes realidades, interconectadas e alimentadas unhas doutras de xeito orgánico ás veces, e incluso cando non, marcadas polas emocións e a creatividade.

A partir de 6 anos

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

Os obradoiros teñen un aforo limitado. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Lembra que os/as menores que accedan a calquera das actividades do Salón deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir, escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com, indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

Reserva de entrada

MUVI. Museo do Videoxogo

As entradas xa non están á venda para este evento!