Artistas a todo tren

14mar18:00Artistas a todo trenSesión de contos con Charo Pita

Detalles do Evento

Quen era Wang-Fo, tan realista el que mesmo os seus cadros cobraban vida? A que arte quería dedicarse Helena, malia a tradición que había na súa familia? De onde vén iso de ter alma de artista? Seremos artistas sen sabelo???

Quizais nesta sesión de contos non atopes respostas a todos estes interrogantes. Mesmo é posible que saias con máis preguntas. Pero o que si che podemos asegurar é que nestes contos atoparás moita, moita, moitísima arte.

Público familiar
Atención: para asegurar praza, podes reservar a través da web. Sen embargo, sempre deixaremos algunha entrada para coller no día (se andades espelid@s!).

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

As sesións de contos teñen unha capacidade limitada. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Lembra que os/as menores que accedan a calquera das actividades do Salón deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir, escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

Reserva de entrada

Artistas a todo tren Charo Pita

As entradas xa non están á venda para este evento!