As gravatas de Gloria

06mai17:15As gravatas de GloriaObradoiro de ilustración e poesía con Iván R. e Ramón D. Veiga

Detalles do Evento

Faremos unha sesión de contos do libro “Gloria” dedicado a Gloria Fuertes e ilustraremos unhas gravatas. Ademais falaremos da autora e do libro. Ao remate asinaranse exemplares

Anímate e participa!
A partir de 5 anos

Recordámosche que no Salón temos a exposición “Gloria” que presenta as ilustracións orixinais do libro co mesmo nome sobre a poeta Gloria Fuertes (Ramón D. Veiga e Iván R. Triqueta Editora, 2023), grazas ao que evidenciamos o presente que está a obra da escritora vinte e cinco anos despois da súa morte. As ilustracións, creadas por Iván R., autor da imaxe que compón o cartel do Salón nesta edición, reflicten o universo creativo
e persoal da poeta e supón tamén unha viaxe de regreso á infancia de cada un e unha de nós.

Máis

Lembra!

Os obradoiros teñen unha capacidade limitada. Isto permitirá, con certeza, unha experiencia única. Sede puntuais, por favor, porque as prazas vanse reservar ata a hora de comezo da actividade. De non cubrirse nese momento, quedarán liberadas para as persoas en listaxe de agarda

Reserva de entrada

As gravatas de Gloria

Iván. R e Ramón D. Veiga

As entradas xa non están á venda para este evento!