abril, 2021

25abr12:30Evento rematadoÁs para ÁlexEspectáculo de teatro e monicreques. Baobab Teatro

Detalles do Evento

Estrea!

A compañía pontevedresa Baobab Teatro estrea a súa nova obra no salón do Libro, unha peza coa que nos emocionaremos e reflexionaremos sobre as cuestións realmente importantes.

A peza conta a historia de Álex, un neno coma calquera neno de 8 anos a quen lle encanta correr, xogar, quedar cos seus amigos/as, ir ao parque… A súa paixón é o fútbol. Un día Álex ten que deixalo todo, porque o seu corpo non responde, non camiña…e coma calquera neno, Álex enfádase. Anóxase con súa nai, coa súa irmá, co seu can, ata co fútbol. Álex enfádase co mundo e asáltanlle moitas preguntas: – Por que a min? Por que non podo xogar? Por que por que e por que?….

Está tan enfadado que deixa de mirar ao seu arredor, ata que un día aparece Laura no seu camiño, e sen pedir permiso pero con moito coidado e cariño entra de cheo na súa vida para mudarlle a mirada.

Público familiar con crianzas a partir de 5 anos

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os lugares onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Hora

(Domingo) 12:30

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA! Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

As actividades este ano teñen un aforo moi reducido polas restricións COVID-19. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Lembra que os/as menores deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com, indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

Reserva de entrada

Ás para Álex. Espectáculo de teatro e monicreques. Baobab Teatro

As entradas xa non están á venda para este evento!

X
X