BD e grafiti cpn Keith Haring

19mar11:15BD e grafiti cpn Keith HaringObradoiro artístico. Anxo Fariña

Detalles do Evento

Información sobre as entradas:
No caso de esgotarse as entradas da web, o día da actividade, de xeito presencial, teremos dispoñibles un cupo reducido de entradas.

Todas as persoas son creativas, todas teñen un camiño por percorrer e todas unha historia que contar. Keith Haring inspirouse na súa infancia por Walt Disney e polas caricaturas que facía o seu pai. De aí, e con estudos artísticos, deseñou unha linguaxe propia.

A partir do estilo inconfundible de Haring, practicaremos a deseñar personaxes e crearemos unha historia que terá formato en Banda Deseñada. Divertida, suxerente e surrealista.

A partir de 6 anos

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

Os obradoiros teñen un aforo limitado. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Lembra que os/as menores que accedan a calquera das actividades do Salón deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir, escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com, indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

Reserva de entrada

BD e grafiti con Keith Haring

As entradas xa non están á venda para este evento!