marzo, 2020

19mar18:3019:30Canta música en familia!

Máis

Detalles do Evento

Cantas cosas facemos coas mans! E que divertidas! Debuxar, pintar, contar, sentir… A xestualización manual e facial e un dos piares da comunicación das nenas e nenos e a partir dos 3 anos son conscientes desta realidade e xogan con ela.  Se lle engades música… temos o divertido concerto interactivo que propón PABLO DÍAZ. Un concerto familiar no que cancións como As mans, Os números, As vogais, Figuriñas de papel, As cores… e temas como a primavera, a lúa, as festas, as mascotas, etc. convidarán a nenos/as e grandes a cantar e xesticular, a rir e xogar.

Concerto para público familiar.

 

Hora

(Xoves) 18:30 - 19:30

Localización

Recinto Feiral

Rúa Alexandre Bóveda, s/n

X