O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Canto e bailo contigo

29abr12:30Canto e bailo contigoEspectáculo de música con Paco Nogueiras

Detalles do Evento

Paco Nogueiras volve ao Salón cun concerto no que fai un percorido polas cancións dos seus traballos “Brinca Vai!”, “Radio Bulebule” e “Extra!” sacando a nosa lingua a voar de xeito lúdico e divertido. Neste GRANDES ÉXITOS hai retrousos e cancións para participar activamente, bailando sen complexos, acompañando coa voz, coas palmas ou con acenos.
Paco Nogueiras chega acompañado dos seus instrumentos facendo un percorrido por un amplo abano de estilos musicais , desde o techno ao rock, pasando polo reggae ou a música electrónica, aínda que sen esquecer as influencias tradicionais.

Ao remate do espectáculo haberá sinatura de libros.
Espectáculo de balde. Acceso libre ata completar cabida.
Público familiar

—– —– —–

Paco Nogueiras

Diplomado en Graduado Social, músico e actor. Tras formarse cos artistas Andrés Pazos e Fabio Mangolini, impartiu clases de teatro e dirixiu representacións en entidades culturais e escolas. Foi actor e percusionista de Els Comediants e Os Quinquilláns. Foi membro do grupo folk Ophiusa e tamén da Orquestra Os Modernos (Premios Martín Códax da Música na categoría de Orquestras e Grupos de Verbena no ano 2016) e tamén formou parte da compañía de animación musical infantil Os Tres TENedORES . Participou en formacións de música tradicional e foi creador da banda sonora de varios espectáculos teatrais, musicais, de danza e dunha serie infantil da TVG. Paco Nogueiras é un músico convertido a actor e un actor convertido en músico. Os seus diferentes rexistros convérteno nun ser de espectáculo “todoterreo” capaz de afrontar retos de todo tipo.

www.paconogueiras.com

Máis

Hora

(Sábado) 12:30

Localización

Recinto Feiral de Pontevedra

Rúa Alexandre Bóveda, s/n