maio, 2021

07mai19:0023:50Evento rematadoCarabelaTeatro en familia

Detalles do Evento

Información sobre as entradas: As reservas dos asentos fanse por bloques de 1, 2, 3 ou 4 persoas, tal e como están agrupados no plano. Se escolles un bloque de 4 butacas por exemplo, deberás incluír no proceso o nome das 4 persoas que ocuparán esas butacas pero só vas recibir un ÚNICO CÓDIGO QR no teu correo-e, válido para eses 4 asistentes. Todas as persoas que accedan precisan ter asento asignado, independentemente da súa idade.

Carabela é a cociñeira dun barco que naufraga na Illa Pequena de Plástico. Está soa, rodeada de peixes mutantes que lle advirten que son tóxicos; de paxaros que non paran de queixarse por ter comido substancias sintéticas e de verteduras que non alimentan. Para aliviar a tristura, Carabela constrúe unha nena de plástico á que lle conta historias de como é o mundo fóra da Illa Pequena. O corazón a pilas da Nena de Plástico comeza a latexar con forza para coñecer o que hai máis aló dos peixes mutantes e dos paxaros choromicas e, sobre todo, para axudar a Carabela a saír da illa antes de que morra de fame. 

Público familiar

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os lugares onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Hora

(Venres) 19:00 - 23:50

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. CADA PERSOA DEBE TER UN ASENTO PREASIGNADO, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

As actividades este ano teñen un aforo moi reducido polas restricións COVID-19. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Lembra que os/as menores deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com, indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

Reserva de entrada

AS RESERVAS DOS ASENTOS SON POR BLOQUES de 1, 2, 3 ou 4 persoas, tal e como están agrupados no plano. Se escolles un bloque de 4 butacas por exemplo, deberás incluír no proceso o nome das 4 persoas que ocuparán as butacas pero SÓ VAS RECIBIR UN ÚNICO CÓDIGO QR no teu correo-e, válido para esas 4 persoas.

As entradas xa non están á venda para este evento!

X
X