Carapuchiña e os cinco lobiños
10mar12:00Carapuchiña e os cinco lobiñosEspectáculo de contos e música para bebés con Ángeles Goás
Detalles do Evento
De 0 a 3 anos. Prezo da entrada 3 € Carapuchiña e os cinco lobiños é un espectáculo de narración oral e música onde
Detalles do Evento
De 0 a 3 anos.
Prezo da entrada 3 €
Carapuchiña e os cinco lobiños é un espectáculo de narración oral e música onde a grande protagonista é unha Carapuchiña Vermella que vive unha aventura un pouco diferente. No seu camiño, a falta dun lobo, hai 5 lobiños que son tan pequerrechiños que collen na súa cesta. A combinación da narración de Ángeles Goás e a música de Cristina Castro crea un ambiente no que os máis pequechos da casa estarán entretidos e gozarán coa familia.
OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!
Prezo da entrada: 3 €. Podes reservala de maneira anticipada e pagala o día da función. Cada bebé deberá estar acompañado dunha (1) persoa adulta.
Para facer efectiva a reserva de entrada con custe (3€) é preciso efectuar o pagamento na billeteira situada no acceso da actividade (A Cova dos Libros Fantásticos, Pazo da Cultura de Pontevedra). A billeteira estará aberta o mesmo día do espectáculo desde 30 minutos antes da función.
ATENCIÓN: as entradas quedarán liberadas 5 minutos antes do inicio do espectáculo se non foron recollidas antes desa hora. Grazas!
O día da actividade haberá prazas presenciais dispoñibles no espazo onde se desenvolva. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. As persoas que non xustifiquen ou avisen da súa ausencia deberán agardar unha semana para volver reservar nas actividades do Salón. Moitas grazas!
Máis
Hora
(Domingo) 12:00(GMT+01:00)
Lembra!
Para facer efectiva a reserva de entrada con custe (3€) é preciso efectuar o pagamento na billeteira situada no acceso da actividade (A Cova dos Libros Fantásticos, Pazo da Cultura de Pontevedra). A billeteira estará aberta o mesmo día do espectáculo desde 30 minutos antes da función.