Ceci est un poème
23mar17:15Ceci est un poèmeObradoiro creativo con Árbore Azul
Detalles do Evento
A partir dunha historia moi especial… descubriremos como curar a un peixiño cun poema e viaxaremos a un universo onde todo é posible: o colaxe!
Detalles do Evento
A partir dunha historia moi especial… descubriremos como curar a un peixiño cun poema e viaxaremos a un universo onde todo é posible: o colaxe!
Crearemos formas con recortes de revistas, mapas, papeis, tecidos… e xogaremos a representar unha ilustración do libro Ceci est un poème qui guérit les poissons (Este é un poema que cura os peixes).
Probaremos a crear personaxes, paisaxes ou elementos relacionados coa historia e potenciaremos a creatividade con sons, olores e outros efectos sorpresa para que a imaxinación sexa a nosa aliada nesta viaxe para descubrir como curar a un peixiño
A partir de 6 anos
OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!
O día da actividade haberá prazas físicas dispoñibles no espazo onde se desenvolva. Por favor, preséntate antes da hora, se 5 minutos antes non estás liberaremos a praza. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. Moitas grazas!
Máis
Hora
23 marzo, 2025 17:15(GMT+01:00)