Cidades con arte

20mar11:30Cidades con arteRoteiro familiar pola cidade. Taller Abierto.

Detalles do Evento

A arquitectura era considerada na época clásica como unha das principais manifestacións artísticas do ser humano. Na actualidade apenas se percibe como unha arte, asumíndoa como o soporte onde se desenvolve a maior parte da actividade humana. Neste obradoiro familiar propoñemos unha introdución á arquitectura a través da cidade. No roteiro mestúrase a historia e a expresión plástica coa fin de coñecer a contorna de xeito lúdico e comprender que a mestría das edificacións contribúen á beleza dos lugares onde vivimos.

Para inscribirte envíanos os datos das persoas que queren participar (nome, apelidos e un teléfono de contacto) ao correo-e: contacto@tallerabierto.info

Público familiar (nenas e nenos a partir de 8 anos, acompañadxs dunha persoa adulta).

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Evento no exterior
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Hora

(Domingo) 11:30

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.