Cinema Marabillas

15mar18:00Cinema MarabillasSesión de contos e cinema. Raquel Queizás

Detalles do Evento

A literatura é sempre unha gran fonte de inspiración para o cine. O cinema tamén se le. Alicia no país das Marabillas, Peter Pan, O Mago de Oz, Polgariño… as protagonistas destas historias son nenas e nenos que teñen preocupacións e reflexionan sobre o mundo no que viven. Son fortes, sensatas e pensan por si mesmas. Reflicten as etapas evolutivas das espectadoras máis cativas.
Con Cinema Marabillas gozaremos vendo as primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos marabillosos e nos libros clásicos da literatura.

Público familiar

Entrada de balde

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada