Jean-Christophe Roger e Julien Chheng, 2022
Francia, 80 min.
Apta para todos os públicos, especialmente recomendada a partir de 5 anos. Entrada libre ata completar cabida.
Le Grand Méchant Renard et autres contes
Benjamin Renner e Patrick Imbert, 2017, 80 min., Francia, +5
Quen crea que o campo é un lugar tranquilo e pacífico… equivócase! Alí viven peculiares animais especialmente hilarantes: un raposo que é nai dunha familia de poliños, un coello que actúa como unha cegoña e un parrulo que quere ser Papá Noel. Este divertidísimo filme, que adapta o cómic de Benjamin Renner, estivo nominado ao Óscar ao mellor filme de animación, gañou o premio César na mesma categoría e o premio Europa Junior (outorgado polo público infantil e xuvenil) no Festival de Sevilla.