Logos O SALON - Concello de Pontevedra

Cinema no Principal: O pequeno Nicolás

06abr12:00Cinema no Principal: O pequeno NicolásCineclube de Pontevedra

Detalles do Evento

Le petit Nicolas: Qu’est-ce qu’on attend pour êtreheureux?
Amandine Fredon e Benjamin Massoubre, 2022. Francia, 82 min.

Apta para todos os públicos, especialmente recomendada a partir de 6 anos. Entrada libre ata completar cabida.

Debruzados sobre un gran folio en branco nalgún lugar entre Montmartre e Saint-Germain-des-Prés, Jean-Jacques Sempé e René Goscinny (creador de Asterix) danlle vida ao pequeno Nicolás, un neno ledo e falcatrueiro. A súa é unha infancia alegre, chea de xogos, diversión, bromas, aprendizaxe, complicidade e pelexas. O pequeno Nicolás lévanos ao estudio dos seus creadores, onde fala con eles de forma distendida. Sempé e Goscinny cóntanlle como se coñeceron e se fixeron amigos, e tamén responden preguntas sobre a súa carreira, a súa infancia e as súas ambicións.

Xoia da animación realizada en fermosas acuarelas, premiada no Festival de Annecy e estreada no Festival de Cannes, é un poema conmovedor que combina con acerto a historia da orixe da relación de Sempé e Goscinny con algunhas das aventuras dos libros do pequeno Nicolás. Homenaxe a dous grandes creadores do século XX, retrato da amizade entre dous artistas, acompaña a súa evolución persoal e os seus procesos de creación.

Máis

Comparte este evento