Logos O SALON - Concello de Pontevedra

Cluedo cinematográfico

28mar17:30Cluedo cinematográficoCamiñada pola cidade con Leucoíña Pasea

Detalles do Evento

Tomando como escenario distintos espazos da nosa cidade a rapazada deberá resolver o misterioso asasinato dun ilustre persoeiro da Boa Vila. Coma se dun guión de cinema se tratase os e as participantes convertiranse en personaxes detectivescas desta aventura. Primeiro deberán averiguar a través dunha serie de pistas quen é o famoso defunto, con que acabaron con el e o que é máis difícil, quen puido ser a persoa responsable da súa morte, se é que a hai, porque neste xogo de película nada é o que parece.

A partir de 6 anos.
Inscricións en paseapontevedra@gmail.com

Máis

Hora

28 marzo, 2025 17:30(GMT+00:00)

Comparte este evento