marzo, 2020
18mar17:1518:15Con humor tamén se salva o planeta: desplastifícate! Efecto PO2
Detalles do Evento
Os plásticos afogan os océanos, a terra... o planeta. Hai de máis é os nenos e nenas din basta! No obradoiro ambiental que promove a Rede de Escolas Asociadas da
Máis
Detalles do Evento
Os plásticos afogan os océanos, a terra… o planeta. Hai de máis é os nenos e nenas din basta! No obradoiro ambiental que promove a Rede de Escolas Asociadas da UNESCO, e guiado polo equipo de monitorado do Salón, convídase aos asistentes a deseñar e crear a Plastiquina, a futura mascota que viaxará polo mundo adiante -de escola en escola- concienciando á mocidade, e aos maiores, sobre a necesidade de reducir o uso do plástico. Ademais escribirán unha carta de compromiso co planeta. Neste obradoiro tamén cabe a música e o baile, ao son do himno Desplastifícate! que porá na pista ao público familiar que asista á actividade.
O obradoiro vai dirixido a un público familiar. Ten cabida limitada.
Hora
(Mércores) 17:15 - 18:15
Localización
Recinto Feiral
Rúa Alexandre Bóveda, s/n
Organizar
Rede de Escolas Asociadas da UNESCO