marzo, 2020

11mar17:1518:15Con humor tamén se salva o planeta: desplastifícate! Efecto PO2

Máis

Detalles do Evento

Os plásticos afogan os océanos, a terra… o planeta. Hai de máis, e os nenos e nenas din basta!  No obradoiro ambiental que promove a Rede de Escolas Asociadas da UNESCO convídase aos asistentes a deseñar e crear a Plastiquina, a futura mascota que viaxará polo mundo adiante -de escola en escola, e as primeiras ás so país convidado do Salón, Italia-  concienciando á mocidade, e aos maiores tamén, sobre a necesidade de reducir o uso do plástico. Ademais escribirán unha carta de compromiso co planeta. Neste obradoiro tamén cabe a música e o baile, ao son do himno Desplastifícate! que porá na pista ao público familiar que asista á actividade.

 

Hora

(Mércores) 17:15 - 18:15

Localización

Recinto Feiral

Rúa Alexandre Bóveda, s/n

X