Contos a pé de rúa
25abr18:00Contos a pé de rúaSesión de contos con Caxoto


Detalles do Evento
Nel é barrendeiro. Mentres desenvolve o seu labor fai unha entrada inesperada e, ante un público expectante, decídese a contar algún dos contos que le mentres limpa nas
Detalles do Evento
Nel é barrendeiro. Mentres desenvolve o seu labor fai unha entrada inesperada e, ante un público expectante, decídese a contar algún dos contos que le mentres limpa nas bibliotecas e os colexios municipais. Algunhas veces contos de medo, outras contos cheos de fantasía, e algunhas outras contos tradicionais. Todo misturado con xogos e cantigas, … Esta sesión é un plan perfecto para escoitar sentados co cu no chan e os pés coma os indios.
Público familiar. Acceso libre ata completar cabida
——- ——- ——-
Caxoto
Caxoto é a persoa que se atopa tras do mostrador na Trastenda dos Contos. Mestre en educación primaria, e sempre ligado ao espazo escénico entra en contacto coa narración oral coa súa chegada á Editorial Kalandraka no 2004. Alí logo de formarse como narrador asume a campaña de animación á lectura que o leva por colexios e bibliotecas de toda Galicia.
A partir de aí comeza un longo camiño no que ir definindo o contador que chegou a ser, ben a partires do seu traballo, ben a través da
formación con algunhas das figuras máis relevantes da narración oral: Paula Carballeira, Cándido Pazó, Celso F. Sanmartín Campanari, Mercedes Hernández, Carolina Rueda, as Escolas de verán de AEDA, …
Caxoto Contacontos percorreu varias veces toda a xeografía galega con espectáculos de narración oral para público infantil, adolescente e
adulto. O seu contar é sinxelo, directo, retranqueiro e cheo de emocionalidades. O seu amplo repertorio toca todos os paus da narración oral: conto tradicional, contemporáneo, contos de creación propia, historias de vida, … e no seu contar non hai temas tabú.
Máis
Hora
(Martes) 18:00