Contos da eterna primavera
23abr18:00Contos da eterna primaveraSesión de contos con Paula Carballeira Cabana


Detalles do Evento
Historias, lendas e contos sobre a estación preferida do ano para Orbil: a primavera. Será tamén a de Paula? Habémolo averiguar nesta sesión de contos que promete ser
Detalles do Evento
Historias, lendas e contos sobre a estación preferida do ano para Orbil: a primavera. Será tamén a de Paula? Habémolo averiguar nesta sesión de contos que promete ser divertida e sorprendente.
Ao remate da sesión, Paula Carballeira asinará libros.
Público familiar. Acceso libre ata completar cabida
A narradora
Paula Carballeira é unha gran amiga do Salón ao que leva asistindo con regularidade desde os comezos. É narradora oral profesional desde 1994, ademais de actriz e escritora e unha presenza habitual en festivais de narración oral nacionais e internacionais (Portugal, Polonia, Francia, Cabo Verde, Colombia, Perú, Ecuador, México, Costa Rica…). Ademais, Paula, mantén actividades regulares nas bibliotecas e centros de ensino de toda Galicia.
Como actriz (forma parte da compañía teatral Berrobambán) participou en varias series e programas de televisión. Como directora de teatro, levou adiante producións infantís tanto en Berrobambán como no Centro Dramático Galego ou noutras compañías. Como autora, ten máis de trinta títulos publicados, tanto de narrativa, como de poesía ou teatro, moitos deles traducidos a varias linguas: portugués, inglés, italiano, coreano, catalán, éuscaro…, algúns deles premiados e a maioría pensados tamén para a infancia e a xuventude.
Máis
Hora
(Domingo) 18:00
Localización
Recinto Feiral de Pontevedra
Rúa Alexandre Bóveda, s/n