Disque cando unha bolboreta axita as súas ás en Autralia, pode provocar un furacán en América. Tamén chamada teoría do caos. A revolución do caos, non chega cunha bolboreta, nace con Neira Vilas, mellor con “Memorias dun neno labrego”, e xa non hai volta atrás, arrástrao todo. Unha revolución que nos vai levar desde Buenos aires ata a caída do muro de Berlín. Esta viaxe vai facer parada en maio do 68, nas barricadas de París, na chegada dos Tamara a sala Olympia, Lacán e ata un boxeador ruso afincado en Cangas sempre acompañados da música de Brassens. Unha banda sonora en francés que nos vai acompañar neste camiño da revolución provocada por “Memorias dun neno labrego”. Sempre en clave de humor un espectáculo estreado en xullo do 2024 no Festival Atlantica de narración oral.
Actividade en colaboración coa asociación A Pedreira
Público adulto
Acceso libre ata completar cabida