marzo, 2020

08mar18:3019:30Contos de Italia

Máis

Detalles do Evento

Nova sesión de contacontos a cargo de SIMONE NEGRIN,  italiano de berce e galego de corazón.  Historias reais e inventadas sobre a súa Italia natal serán o fío condutor dunha sesión tola e divertida dirixida a un público familiar.

Pedagogo, actor -traballou no Centro Dramático Galego ao carón de Quico Cadaval- guionista, presentador de televisión, monologuista e ensinante de xesticulación, Simone Negrín é tamén un abraiante contador de historias. Mellorar o humor da xente é un dos seus obxectivos na vida e relouca de contento cando a súa audiencia está chea de crianzas.

Hora

(Domingo) 18:30 - 19:30

Localización

Recinto Feiral

Rúa Alexandre Bóveda, s/n

X