marzo, 2020
11mar18:1519:15Contos para caghar patatillas
Detalles do Evento
Quen ten cu, ten medo. Iso non é malo: é normal. Valente non é quen non ten medo, senón quen é capaz de enfrontar o seu propio medo. Con
Máis
Detalles do Evento
Quen ten cu, ten medo. Iso non é malo: é normal. Valente non é quen non ten medo, senón quen é capaz de enfrontar o seu propio medo. Con esta idea no fondo, BRAIS DE HORTAS constrúe uns contos cheos de música e humor, de efectos especiais, baile, construción de instrumentos de refugallo e moito máis e nos que a participación do público é esencial.
Son contos dirixidos a un público familiar. Neles atopamos historias que falan de pedras que se converten en xigantes, un león e unha elefanta no medio da noite na sabana africana, unha nena que escoita por vez primeira a tormenta… Historias que saen dunha vella maleta escondida no faiado nunha noite de inverno.
Hora
(Mércores) 18:15 - 19:15
Localización
Pazo da Cultura
Alexandre Bóveda s/n - 36005