abril, 2021

26abr18:00Evento rematadoContos para sandar o planetaContacontos. Andrea Bayer

Detalles do Evento

Para construír un mundo mellor é preciso cantar e contar…
Contar historias divertidas, contar historias de medo e, quizais, algunhas historias de amor… Así é a sesión de contos que nos propón Andrea Bayer para esta tardiña na Illa do Covo. Andrea estará acompañada do músico e actor Davide González.

Vén!

Público familiar
(En caso de choiva a actividade trasládase ao Pazo da Cultura)

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Evento no exterior
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

As actividades este ano teñen un aforo moi reducido polas restricións COVID-19. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com, indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

Reserva de entrada

Contos para sandar o planeta Contacontos. Andrea Bayer

As entradas xa non están á venda para este evento!

X
X