De película!
06abr11:30De película!Obradoiro de escrita con María Lado
Detalles do Evento
A escritora María Lado propónnos un obradoiro de escrita divertina no que, partindo de frases moi coñecidas de películas de animación e clásicas, nos servirán
Detalles do Evento
A escritora María Lado propónnos un obradoiro de escrita divertina no que, partindo de frases moi coñecidas de películas de animación e clásicas, nos servirán de inspiración para construír textos divertidos, orixinais e moi moi tolos. Para facer unha homenaxe ao dadaísmo, empregaremos técnicas de collage para facer con estes textos arte postal, pequenas pezas artísticas que poderemos enviar por correo.
Un obradoiro no que as nosas propias palabras e outras prestadas nos servirán para facer poemas visuais. Unha experiencia de escrita divertida na que a imaxinación será a protagonista.
A partir de 8 anos
OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!
O día da actividade haberá prazas presenciais dispoñibles no espazo onde se desenvolve o taller. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. Moitas grazas!
Máis
Hora
6 abril, 2025 11:30(GMT+02:00)