O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

De Tin Marín

02mar17:00De Tin MarínSesión de contos para bebés con Soledad Felloza

Detalles do Evento

De 1 a 4 anos

De balde. Aforo limitado. Reseva a túa praza!

OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!

Cada persoa debe ter unha entrada reservada, independentemente da súa idade. Cada bebé debe ir acompañado/a dunha (1) soa persoa adulta acompañante.

O día da actividade haberá prazas físicas dispoñibles no espazo onde se desenvolva. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. Moitas grazas!

——-

Todas sabemos que os contos son algo moi máxico,  no momento en que dicimos “Había unha vez” poden pasar cousas prodixiosas. Quen conta e quen escoita xogan a facer realidade soños e fabulacións.

Un peixe que fala, unha ra doutora en ciencias, unha torta infinita, unha bicicleta que voa, unha cabaza que non se transforma… Ducias de historias que temos que conxurar na memoria da contacontos.

As palabras máxicas son sinxelas, e chegan da outra beira do mar, só hai que abrir ben unha orella para memorizar e cantar. “De Tin Marín que do pin ué púcara mácara títere fue

E o conto paseniño, sen facer ruido…vén. De Tin Marín, son palabras moi coñecidas en moitos países de América Latina, valen para escoller a vez nun xogo, para espantar os trasnos, para facer maxia, e acompañan a Sole Felloza dende o comezo da súa andaina profesional cos contos.

Máis

Hora

(Sábado) 17:00(GMT+01:00)

Lembra!

As actividades teñen unha capacidade limitada. Isto permitirá, con certeza, unha experiencia única. Sede puntuais, por favor, porque as prazas vanse reservar ata a hora de comezo da actividade. De non cubrirse nese momento, quedarán liberadas para as persoas en listaxe de agarda.

Comparte este evento

Reserva de entrada

Sesión de contos para bebés con Soledad Felloza

As entradas xa non están á venda para este evento!