marzo, 2020

21mar19:0020:30De Vacas: Tour vacanal 2020

Máis

Detalles do Evento

Música, retranca, humor, talento e creatividade. DE VACAS non deixa a ninguén indiferente. O cuarteto -de tres voces (Inés Salvado, Faia Díaz e Paula Romero) e unha guitarra (Guillerme Fernández)-  foi quen de atopar  un formato fresco e moi persoal, engaiolante. Atrévense con case todo, transformando grandes temas venerados polas masas e maltratados pola historia. A proba: Amodiño, a súa particular versión do Despacito que se fixo viral e xa ten máis de 500.000 visitas en Youtube. Desde as Spice Girls até Lola Flores ou Rosalía.

Son catro vacas que rin e cantan. Puro deleite musical!

Prezo da entrada: 3€/asistente

 

 

 

 

Hora

(Sábado) 19:00 - 20:30

Localización

Pazo da Cultura

Alexandre Bóveda s/n - 36005

X