Derriba da lúa

23abr12:00Derriba da lúaEspectáculo para bebés de 0 a 3 con Vero Rilo e Sonsoles Penadique

Detalles do Evento

Espectáculo para bebés de 0 a 3 anos. Entradas en Ataquilla.com | Prezo: 3€
CADA PERSOA DEBE TER ENTRADA, INDEPENDENTEMENTE DA SÚA IDADE. CADA BEBÉ DEBE IR ACOMPAÑADO/A DUNHA (1) SOA PERSOA ADULTA ACOMPAÑANTE

“Antes do principio do todo había a nada. Despois chegou o vento que moveu a nada. Co movemento saltaron tres chispas: A primeira apagouse e naceu a Lúa. A segunda quedou acesa e naceu o Sol. A terceira comezou a xirar e naceu a Terra. Na terra hai un carballo. No carballo hai un niño. No niño hai unha merla que choca tres ovos…”Derriba da lúa é un espectáculo de narración oral e música para familias con crianzas de 0 a 3 anos. Queremos arrolar, contar, cantar e xogar xuntas para soñar e medrar libres coma paxaros, de candeloria a candeloria

Máis